MESÍA
Castiñeiras (Albixoi); A Roda (Fieiteira-Albixoi); Pereira (Pereira-Albixoi); A Roda (Xestosa-Albixoi); Monteiro (Campo-Bascoi); A Torre (Tamarín-Bascoi); O Castro (O Castro-Boado); Couto do Castro (Receá-Castro); Castrillón, Pousada e Rodas (Fontefría-Cumbraos); Castiñeiras (Castiñeiras-Mesía); A Pobra ou Castelo de Mesía (A Pobra-Mesía); Mesía (Mesía); As Olas (O Seixo-Olas); Soutelo (Soutelo-Olas); Brea (A Brea-Visantoña); Visantoña (Ricos-Visantoña); Os Castriños e Xanceda (Xanceda).
Castro de Xanceda: Castro formado
por unha croa de planta con tendencia ovalada, con foxo, unha muralla e
antecastro. Alterado polo aproveitamento agrícola que achanzou parte do
talude.
Castro das Rodas (Fontefría): A configuración orixinal está alterada polo trazado de camiños e dunha canteira. Constaba de dous recintos. O antecastro conserva parte dos parapeitos.
Torques do castro de Xanceda: O Tesouro de Xanceda
foi descuberto, ao parecer, a mediados dos anos setenta do pasado
século, segundo uns cando se araba unha leira situada fóra do castro e,
segundo outros, cando se araba na croa do castro. No Museo Arqueolóxico
do Castelo de San Antón consérvanse oito anacos dos torques de ouro,
dous pertencentes a dúas metades dunha mesma peza.Castro das Rodas (Fontefría): A configuración orixinal está alterada polo trazado de camiños e dunha canteira. Constaba de dous recintos. O antecastro conserva parte dos parapeitos.
FRADES
Céltigos (Céltigos).
CURTIS
Fradegas, Penedo, Vilardois e Vilarullo (Curtis); Santalla (Pazo-Curtis); Esmorís, Estremil, Fisteus, Merelas, O Porto, A Roda (Fisteus); Castronelas, Pedreiro, Remourán, Vila do Castro (Foxado); Castelo, Foxado (Paradela-Foxado).
Castro de Fradegas: Amurallado en todo o seu perímetro, conta cun foxo polo SO.
Castro do Castelo
(Paradela-Foxado): Presenta forma circular con restos dun foxo e un
pequeno antecastro. Moi alterado na súa estrutura. No ano 1932 atopouse
unha ola que contiña catro torques e un brazalete, todos de ouro,
ademais de trinta e cinco moedas feitas cunha aliaxe de ouro e prata.
Castro de Fisteus: De forma elíptica, está arrodeado por unha muralla en todo o seu perímetro. Conta cun antecastros por SO.
Castro de Mereleas: Presenta un
recinto principal de forma circular e un antecastro de planta
triangular, ambos os dous defendidos por unha muralla. Pouco alterado.
Castro da Roda: Recinto elíptico arrodeado por unha muralla e un foxo, dividido por unha pista.
Castro de Santaia: Circular, presenta restos dun antecastro e un foxo.
Castro de Vilardois: Érguese nun esporón sobre o río Mandeo que actuaba como defensa natural. Polo leste conta con muralla e foxo.
Castro de Vilarullo: Castro cun recinto circular e foxo.
BOIMORTO
Corredoiras (Os Ánxeles); O Castro (Boimorto); O Pedral (O Pedral-Boimorto); Pazo (O Pazo-Brates); Pousada (Pousada-Brates); As Medorras (Buazo); O Castro (O Castro-Cardeiro); Dormeá ou Coto da Roda (Monte da Roda-Dormeá); Algaria e Os Castros (Dormeá); Mercurín (Mercurín); Franzomil (Franzomil-Sendelle); Os Castros (Vilar-Sendelle); O Marco de Arriba (Sendelle).
Castro de Algaria: Romanizado. Destruído parcialmente no ano 1985 pola construción dunhas vivendas.
O Castro (Boimorto): Destruído totalmente polo crecemento urbano do núcleo municipal.
Os Castros (Vilar-Sendelle): Destruído totalmente no ano 1985 polo acondicionamento agrícola dunha finca.
Castro de Corredoiras: Arrasado na zona N e NO por unha canteira e unha pista. Foi escavado por Acuña e Meijide.
Castro Coto da Roda: De reducidas dimensións, o seu estado de conservación é bastante bo aínda que parte da muralla foi derrubada hai algúns anos para facer un acceso ao interior. Nalgúns tramos, a muralla acada os cinco metros de altura. Atopáronse restos cerámicos datados no século I d.C.
Castro de Franzomil: O sistema defensivo foi arrasado totalmente no ano 1995 pola maquinaria utilizada para unha repoboación con eucaliptos.
Castro de O Marco: Destruído pola concentración parcelaria.
Castro de Mercurín: O sistema defensivo foi totalmente arrrasado cando a concentración parcelaria dos anos oitenta.
Castro de O Pedral: De forma circular, conserva parte das estruturas defensivas (muralla e foxo). No interior do recinto hai unha canteira.
Castro de Corredoiras: Arrasado na zona N e NO por unha canteira e unha pista. Foi escavado por Acuña e Meijide.
Castro Coto da Roda: De reducidas dimensións, o seu estado de conservación é bastante bo aínda que parte da muralla foi derrubada hai algúns anos para facer un acceso ao interior. Nalgúns tramos, a muralla acada os cinco metros de altura. Atopáronse restos cerámicos datados no século I d.C.
Castro de Franzomil: O sistema defensivo foi arrasado totalmente no ano 1995 pola maquinaria utilizada para unha repoboación con eucaliptos.
Castro de O Marco: Destruído pola concentración parcelaria.
Castro de Mercurín: O sistema defensivo foi totalmente arrrasado cando a concentración parcelaria dos anos oitenta.
Castro de O Pedral: De forma circular, conserva parte das estruturas defensivas (muralla e foxo). No interior do recinto hai unha canteira.
Interesante artigo sobre a divindade Arentía no blogue A Nosa Historia.
VILASANTAR
Armental, Cezar, Mourengos ou Pena do Oso (Armental); Parrando, do Ril ou da Roda, Viladarcas (Barbeito); A Foprtaleza, Gundín, Liñares ou do Vento, Xameras ou Lavandeira, O Peteiro (Curtis); Batán, Cernadas, Igrexafeita (Mezonzo); Corredoiras ou da Guerra, Follente ou Roda do Castro (Vilariño). Castro do Batán: O recinto foi practicamente destruído polo propietario do terreo polos traballos da concentración parcelaria. Está situado na zona superior dun outeiro próximo á confluenza do río das Gándaras co Tambre.
Castro de Cernadas: No lugar chamado O Castro. A muralla foi destruída cando os traballos da concentración parcelaria. Nas proximidades apareceron ladrillos de época romana.
Castro das Corredoiras ou da Guerra: Na parte superior dun outeiro preto dos ríos Cabalar e dos Ceños. Aproveita parte do terreo que actuaba como terraplén defensivo. Ten forma ovalada. Consta dun recinto interior fortificado con murallas, foxo e terrapléns. Ao leste vese un antecastro.
Castro de follente ou Roda do Castro: De dimensións considerables, emprazado na parte superior dun outeiro situado no extremo da dorsal do Monte do Corvo, dominando as terras próximas á confluenza do río das Cabras co Tambre. Ten forma ovalada, cunhas dimensións de 140 por 65 metros.
Castro da Fortaleza: Recinto fortificado de pequenas dimensións emprazado no tramo inferior dunha ladeira de suave pendente. Bastante desfigurado pola construción da aldea. Consta dun único recinto defendido por muralla e foxo.
Castro de Vilariño: Amplo dominio visual sobre o territorio, ocupado polo tramo medio do río Cabalar. O sistema defensivo consta dunha dobre muralla.
ORDES
Maior (Ardemil); Coto dos Castros (Castro-Ardemil); Coto da Croa (O Porto-Ardemil); Baltares (Os Baltares-Barbeiros); Uzal (O Uzal-Barbeiros); Fonte da Viña (Beán); A Medorra (Nouche-Beán); Lameiros ((Buscás); Rúa (A Rúa-Buscás); Coto dos Castros(Meitufe-Leira); O Castro (Meitufe-Leira); As Medorras (A Castiñeira-Leira); Os Castros (A Portela-Leira); Guntín (Guntín-Mercurín); Trasmil (Trasmil-Mercurín); Carrás (Os Carrás); Santa Cruz de Montaos); O Dono (O Chan-Santa Cruz de Montaos); Seidón (Ordes); Monte do Castro (O Casal-Ordes); Espenica (A Espenica-Ordes); Castaños (Castaños-Parada); Parada (Parada); Aldea Nova (Aldea Nova-Pereira); Pardiñas (As Pardiñas-Poulo); Senra (Senra-Poulo); Ameixeira e Vilamaior (Vilamaior). Castro de Ferreiros. Castro de Beán: A 300 metros de altitude. Presenta unha croa circular arrodeada por unha muralla de terra e pedra.
Castro de Buscás: Situado nun terreo chan a unha altitude de 300 metros, entre o río Cabrón e o rego do Cabo. Vese un gran foxo e unha muralla de terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario