DITOS DA ZONA DE XANCEDA:
- En abril, se mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir. (Nerea Sánchez Grobas)
REMEDIOS, TRUCOS E TÉCNICAS NATURAIS DA ZONA DE XANCEDA
Por: Nerea Sánchez Grobas e Martín Cernadas Ramos
- A LAVAZA é unha pranta que medra no medio dos prados da herba e cando madura, as súas sementes valen para curar o roce das ortigas. Pero hai que ter tino con ela, pois reprodúcese moi facilmente xa que leva as espigas o vento, e a poden comer as vacas, o cal lles senta mal.
- As follas verdes de EUCALIPTO cócense para quen teña gripe, pois axúdanlle a respirar. A persoa en cuestión debe estar na cociña, centrado en hulir o vapor.
- Cando hai catarro, pódense tomar as seguintes mezclas:
LEITE+MEL+Whisky ou Coñac (+1 OVO)
AZUCRE+CAFÉ+LEITE+ 1 OVO
- Cando as vacas non remoen, fanse as seguintes mezclas cunha xeringa grande:
ACEITE+VIÑO+CAFÉ
VIÑO+AZCUCRE (FERVIDO)
- Cando as vacas acaban de muxir, débeselle botar un líquido marrón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario