Dende o CPI de Xanceda, querermos lembrar ao gran antropólogo Antón Fraguas, recompilando diferentes materiais que aquí iredes vendo.
Nós estamos nun centro que se sitúa nun concello con dous núcleos, pero con moitas vilas e aldeas arredor. Estamos ben comunicados por estrada para chegar a Santiago, Ordes, Curtis, Teixeiro e A Coruña-Carral.
Entre todos os pobos, vilas e aldeas, comunicámonos perfectamente, e incluso facemos traballos en conxunto, excursións ou celebracións.
Estamos nunha zona de montaña, onde tamén temos bonitas historias que contar, e onde sucederon acontecementos importantes da Historia de Galicia e de España.
Comezamos por recoller os mapas que se levan facendo varios anos no colexio e dos que nos estamos a aprender e cos que estamos a traballar.
Tamén subiremos fotos de lugares emblemáticos da zona e vídeos sobre o noso facer... Aquí en Xanceda e Mesía, ata ides ver que temos pasos de baile únicos e distitntivos.
Algún audio tamén teremos sobre a nosa propia forma de falar e... As festas!! Tamén son importantes e as comentaremos neste blog.
Esperamos que vos guste!
Saudiñas!
Alumnos e alumnas do CPI de Xanceda
No hay comentarios:
Publicar un comentario