Como puidéchedes comprobar, a nosa poboación diminuíu e mantívose ata hoxe, causado polo éxodo rural pero recuperado polas novas empresas de gando e lácteas que temos na zona, das que cabe destacar a Casa Grande de Xanceda. Hoxe en día, a maioría de poboación rexístrase entre os 15 e os 64 anos, seguido do grupo de poboación de máis de 65 anos e finalmente o grupo de idade menor a 15 anos, o cal nos da a idea de que haberá un remprazo xeracional moi axustado. Neste sentido, queremos loitar polo que é noso e manter todo aquelo no que puxemos esforzo e traballo, de feito que nos interesa moito seguir este proxecto, que nos axuda a dar as bases para afianzar o noso lugar no mundo.
Aquí tedes unhas fotos da Casa Grande de Xanceda:
No hay comentarios:
Publicar un comentario