jueves, 14 de abril de 2016

E nós tamén traballamos coa Casa Grande de Xanceda. Neste ano 2016, estamos a levar con eles o proxecto Cultiva Mazás, co cal o alumnado aprende a crear empresas e a ser emprendedor, aquí, no rural, valorando todo o que ten e utilizándoo de maneira consciente e rendible. Preséntannos persoeiros que teñen empresas semellantes as súas, para aprender, e tamén dannos clase do seu propio bo saber. Do saber de aquí, de Xanceda, Mesía, para que non se perda e nós o poidamos conservar. Por iso e por todo, estámoslles moi agradecidos!








No hay comentarios:

Publicar un comentario