https://youtu.be/UIa_JFXgCVs
https://youtu.be/_prpkxBH6M4
https://youtu.be/TsOvj0DVZ5A
https://youtu.be/6rEVk5bsN-w
https://youtu.be/gg7GB9QoUL8
https://youtu.be/e_tXIDslTEk
https://youtu.be/WS5XZygqrFk
https://youtu.be/BgI75f3Hr80
https://youtu.be/k1MO01gzEds
https://youtu.be/k2LFZNpER-k
https://youtu.be/fQ8khNonIcU
martes, 28 de junio de 2016
martes, 31 de mayo de 2016
Aquí poñemos unha páxina de grande interese para o alumnado:
http://unpaseounafoto. blogspot.com.es/2013/08/festa- da-malla-ardemil-ordes-coruna. html
Andrea Rodríguez (3ºESO)
http://unpaseounafoto.
Andrea Rodríguez (3ºESO)
viernes, 15 de abril de 2016
DITOS DA ZONA DE XANCEDA:
- En abril, se mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir. (Nerea Sánchez Grobas)
REMEDIOS, TRUCOS E TÉCNICAS NATURAIS DA ZONA DE XANCEDA
Por: Nerea Sánchez Grobas e Martín Cernadas Ramos
- A LAVAZA é unha pranta que medra no medio dos prados da herba e cando madura, as súas sementes valen para curar o roce das ortigas. Pero hai que ter tino con ela, pois reprodúcese moi facilmente xa que leva as espigas o vento, e a poden comer as vacas, o cal lles senta mal.
- As follas verdes de EUCALIPTO cócense para quen teña gripe, pois axúdanlle a respirar. A persoa en cuestión debe estar na cociña, centrado en hulir o vapor.
- Cando hai catarro, pódense tomar as seguintes mezclas:
LEITE+MEL+Whisky ou Coñac (+1 OVO)
AZUCRE+CAFÉ+LEITE+ 1 OVO
- Cando as vacas non remoen, fanse as seguintes mezclas cunha xeringa grande:
ACEITE+VIÑO+CAFÉ
VIÑO+AZCUCRE (FERVIDO)
- Cando as vacas acaban de muxir, débeselle botar un líquido marrón.
jueves, 14 de abril de 2016
E nós tamén traballamos coa Casa Grande de Xanceda. Neste ano 2016, estamos a levar con eles o proxecto Cultiva Mazás, co cal o alumnado aprende a crear empresas e a ser emprendedor, aquí, no rural, valorando todo o que ten e utilizándoo de maneira consciente e rendible. Preséntannos persoeiros que teñen empresas semellantes as súas, para aprender, e tamén dannos clase do seu propio bo saber. Do saber de aquí, de Xanceda, Mesía, para que non se perda e nós o poidamos conservar. Por iso e por todo, estámoslles moi agradecidos!
Estes son os castros dos ancestros que viviron na nosa zona (http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html):
Castro do Batán: O recinto foi practicamente destruído polo propietario do terreo polos traballos da concentración parcelaria. Está situado na zona superior dun outeiro próximo á confluenza do río das Gándaras co Tambre.
Castro de Cernadas: No lugar chamado O Castro. A muralla foi destruída cando os traballos da concentración parcelaria. Nas proximidades apareceron ladrillos de época romana.
Castro das Corredoiras ou da Guerra: Na parte superior dun outeiro preto dos ríos Cabalar e dos Ceños. Aproveita parte do terreo que actuaba como terraplén defensivo. Ten forma ovalada. Consta dun recinto interior fortificado con murallas, foxo e terrapléns. Ao leste vese un antecastro.
Castro de follente ou Roda do Castro: De dimensións considerables, emprazado na parte superior dun outeiro situado no extremo da dorsal do Monte do Corvo, dominando as terras próximas á confluenza do río das Cabras co Tambre. Ten forma ovalada, cunhas dimensións de 140 por 65 metros.
Castro da Fortaleza: Recinto fortificado de pequenas dimensións emprazado no tramo inferior dunha ladeira de suave pendente. Bastante desfigurado pola construción da aldea. Consta dun único recinto defendido por muralla e foxo.
Castro de Vilariño: Amplo dominio visual sobre o territorio, ocupado polo tramo medio do río Cabalar. O sistema defensivo consta dunha dobre muralla.
Castro de Beán: A 300 metros de altitude. Presenta unha croa circular arrodeada por unha muralla de terra e pedra.
Castro de Buscás: Situado nun terreo chan a unha altitude de 300 metros, entre o río Cabrón e o rego do Cabo. Vese un gran foxo e unha muralla de terra.
MESÍA
Castiñeiras (Albixoi); A Roda (Fieiteira-Albixoi); Pereira (Pereira-Albixoi); A Roda (Xestosa-Albixoi); Monteiro (Campo-Bascoi); A Torre (Tamarín-Bascoi); O Castro (O Castro-Boado); Couto do Castro (Receá-Castro); Castrillón, Pousada e Rodas (Fontefría-Cumbraos); Castiñeiras (Castiñeiras-Mesía); A Pobra ou Castelo de Mesía (A Pobra-Mesía); Mesía (Mesía); As Olas (O Seixo-Olas); Soutelo (Soutelo-Olas); Brea (A Brea-Visantoña); Visantoña (Ricos-Visantoña); Os Castriños e Xanceda (Xanceda).
Castro de Xanceda: Castro formado
por unha croa de planta con tendencia ovalada, con foxo, unha muralla e
antecastro. Alterado polo aproveitamento agrícola que achanzou parte do
talude.
Castro das Rodas (Fontefría): A configuración orixinal está alterada polo trazado de camiños e dunha canteira. Constaba de dous recintos. O antecastro conserva parte dos parapeitos.
Torques do castro de Xanceda: O Tesouro de Xanceda
foi descuberto, ao parecer, a mediados dos anos setenta do pasado
século, segundo uns cando se araba unha leira situada fóra do castro e,
segundo outros, cando se araba na croa do castro. No Museo Arqueolóxico
do Castelo de San Antón consérvanse oito anacos dos torques de ouro,
dous pertencentes a dúas metades dunha mesma peza.Castro das Rodas (Fontefría): A configuración orixinal está alterada polo trazado de camiños e dunha canteira. Constaba de dous recintos. O antecastro conserva parte dos parapeitos.
FRADES
Céltigos (Céltigos).
CURTIS
Fradegas, Penedo, Vilardois e Vilarullo (Curtis); Santalla (Pazo-Curtis); Esmorís, Estremil, Fisteus, Merelas, O Porto, A Roda (Fisteus); Castronelas, Pedreiro, Remourán, Vila do Castro (Foxado); Castelo, Foxado (Paradela-Foxado).
Castro de Fradegas: Amurallado en todo o seu perímetro, conta cun foxo polo SO.
Castro do Castelo
(Paradela-Foxado): Presenta forma circular con restos dun foxo e un
pequeno antecastro. Moi alterado na súa estrutura. No ano 1932 atopouse
unha ola que contiña catro torques e un brazalete, todos de ouro,
ademais de trinta e cinco moedas feitas cunha aliaxe de ouro e prata.
Castro de Fisteus: De forma elíptica, está arrodeado por unha muralla en todo o seu perímetro. Conta cun antecastros por SO.
Castro de Mereleas: Presenta un
recinto principal de forma circular e un antecastro de planta
triangular, ambos os dous defendidos por unha muralla. Pouco alterado.
Castro da Roda: Recinto elíptico arrodeado por unha muralla e un foxo, dividido por unha pista.
Castro de Santaia: Circular, presenta restos dun antecastro e un foxo.
Castro de Vilardois: Érguese nun esporón sobre o río Mandeo que actuaba como defensa natural. Polo leste conta con muralla e foxo.
Castro de Vilarullo: Castro cun recinto circular e foxo.
BOIMORTO
Corredoiras (Os Ánxeles); O Castro (Boimorto); O Pedral (O Pedral-Boimorto); Pazo (O Pazo-Brates); Pousada (Pousada-Brates); As Medorras (Buazo); O Castro (O Castro-Cardeiro); Dormeá ou Coto da Roda (Monte da Roda-Dormeá); Algaria e Os Castros (Dormeá); Mercurín (Mercurín); Franzomil (Franzomil-Sendelle); Os Castros (Vilar-Sendelle); O Marco de Arriba (Sendelle).
Castro de Algaria: Romanizado. Destruído parcialmente no ano 1985 pola construción dunhas vivendas.
O Castro (Boimorto): Destruído totalmente polo crecemento urbano do núcleo municipal.
Os Castros (Vilar-Sendelle): Destruído totalmente no ano 1985 polo acondicionamento agrícola dunha finca.
Castro de Corredoiras: Arrasado na zona N e NO por unha canteira e unha pista. Foi escavado por Acuña e Meijide.
Castro Coto da Roda: De reducidas dimensións, o seu estado de conservación é bastante bo aínda que parte da muralla foi derrubada hai algúns anos para facer un acceso ao interior. Nalgúns tramos, a muralla acada os cinco metros de altura. Atopáronse restos cerámicos datados no século I d.C.
Castro de Franzomil: O sistema defensivo foi arrasado totalmente no ano 1995 pola maquinaria utilizada para unha repoboación con eucaliptos.
Castro de O Marco: Destruído pola concentración parcelaria.
Castro de Mercurín: O sistema defensivo foi totalmente arrrasado cando a concentración parcelaria dos anos oitenta.
Castro de O Pedral: De forma circular, conserva parte das estruturas defensivas (muralla e foxo). No interior do recinto hai unha canteira.

Interesante artigo sobre a divindade Arentía no blogue A Nosa Historia.
VILASANTAR
Armental, Cezar, Mourengos ou Pena do Oso (Armental); Parrando, do Ril ou da Roda, Viladarcas (Barbeito); A Foprtaleza, Gundín, Liñares ou do Vento, Xameras ou Lavandeira, O Peteiro (Curtis); Batán, Cernadas, Igrexafeita (Mezonzo); Corredoiras ou da Guerra, Follente ou Roda do Castro (Vilariño). Castro do Batán: O recinto foi practicamente destruído polo propietario do terreo polos traballos da concentración parcelaria. Está situado na zona superior dun outeiro próximo á confluenza do río das Gándaras co Tambre.
Castro de Cernadas: No lugar chamado O Castro. A muralla foi destruída cando os traballos da concentración parcelaria. Nas proximidades apareceron ladrillos de época romana.
Castro das Corredoiras ou da Guerra: Na parte superior dun outeiro preto dos ríos Cabalar e dos Ceños. Aproveita parte do terreo que actuaba como terraplén defensivo. Ten forma ovalada. Consta dun recinto interior fortificado con murallas, foxo e terrapléns. Ao leste vese un antecastro.
Castro de follente ou Roda do Castro: De dimensións considerables, emprazado na parte superior dun outeiro situado no extremo da dorsal do Monte do Corvo, dominando as terras próximas á confluenza do río das Cabras co Tambre. Ten forma ovalada, cunhas dimensións de 140 por 65 metros.
Castro da Fortaleza: Recinto fortificado de pequenas dimensións emprazado no tramo inferior dunha ladeira de suave pendente. Bastante desfigurado pola construción da aldea. Consta dun único recinto defendido por muralla e foxo.
Castro de Vilariño: Amplo dominio visual sobre o territorio, ocupado polo tramo medio do río Cabalar. O sistema defensivo consta dunha dobre muralla.
ORDES
Maior (Ardemil); Coto dos Castros (Castro-Ardemil); Coto da Croa (O Porto-Ardemil); Baltares (Os Baltares-Barbeiros); Uzal (O Uzal-Barbeiros); Fonte da Viña (Beán); A Medorra (Nouche-Beán); Lameiros ((Buscás); Rúa (A Rúa-Buscás); Coto dos Castros(Meitufe-Leira); O Castro (Meitufe-Leira); As Medorras (A Castiñeira-Leira); Os Castros (A Portela-Leira); Guntín (Guntín-Mercurín); Trasmil (Trasmil-Mercurín); Carrás (Os Carrás); Santa Cruz de Montaos); O Dono (O Chan-Santa Cruz de Montaos); Seidón (Ordes); Monte do Castro (O Casal-Ordes); Espenica (A Espenica-Ordes); Castaños (Castaños-Parada); Parada (Parada); Aldea Nova (Aldea Nova-Pereira); Pardiñas (As Pardiñas-Poulo); Senra (Senra-Poulo); Ameixeira e Vilamaior (Vilamaior). Castro de Ferreiros. Castro de Beán: A 300 metros de altitude. Presenta unha croa circular arrodeada por unha muralla de terra e pedra.
Castro de Buscás: Situado nun terreo chan a unha altitude de 300 metros, entre o río Cabrón e o rego do Cabo. Vese un gran foxo e unha muralla de terra.
Como xa dixemos, a festa tamén nos gusta, e, en Mesía, a celebración do verán é a do San Antonio. Temos orquestras, baile, comidas e premios. Tamén celebramos especialmente o Entroido e o Samaín co Magosto.
https://youtu.be/ZRSGkDACUNU?list=PLbcpxmOWmWlxSoSOuccbcui1Bq9v5amYV
https://youtu.be/ZRSGkDACUNU?list=PLbcpxmOWmWlxSoSOuccbcui1Bq9v5amYV
No tempo de ocio, desfrutamos tamén do fútbol:
https://www.facebook.com/visantona.cf
https://gl-es.facebook.com/pages/SE-ABELL%C3%81-SDC/137216679626466
https://www.facebook.com/visantona.cf
https://gl-es.facebook.com/pages/SE-ABELL%C3%81-SDC/137216679626466
CONTOS RECOLLIDOS NO COLEXIO CPI DE XANCEDA
https://youtu.be/C1tOlEihd0s
LENDA DA FORTALEZA DE MESÍA
MESÍA - A súa fortaleza e a súa lenda.
Aínda que moitos autores citan o señorío de Mesía
e da súa torre ao longo da Historia, as primeira noticias escritas que se teñen
acerca da mesma son de 1401. O ano 1467 foi determinante na historia de Torre -
Fortaleza: os Irmandiños ocupárona e foi destruída aínda que ao ser abandonada
por estes, o Arcebispo Fonseca apoderouse da propiedade e restaurouna. Máis
tarde, a este último seríalle arrebatada a propiedade da mesma, e doutras
fortalezas e castelos, por parte dos cabaleiros galegos ao mando de Gómez Pérez
dás Mariñas.
Mesía, a súa localización xeográfica, que durante
a Idade Media, a categoría da localización estratéxica foi moi cobizado polos
señores e o clero secular.
A súa importancia histórica débese en gran parte a ser fronteira e a súa localización privilexiada asucada por importantes vías que unen a Mariña a Santiago de Compostela, e polo que se executa a circulación dos comerciantes europeos descargando as súas mercadorías portos brigantinos.

Os diferentes camiños de Mesía foron utilizado
nos albores da Idade Media polos viaxeiros que circulan preferentemente vía
Betanzos cara a Santiago de Compostela que cruza o centro do municipio, sen
deixar de mencionar tamén o paso da ruta Camiño Inglés que pasando pola Coruña
en dirección a Santiago de Compostela.
As loitas polo poder e o control destas terras marcaron un período histórico que foi testemuña a torre de fortaleza Mesías (finais do S. XIII-XIV), hoxe en ruínas, pero digno vestixio dun pasado activo e guerreiro.

A Lenda :
A Infanzona de Mesía.
En Mesía, aldea da provincia da Coruña,
consérvase aínda restos dun castelo que pertenceu a D. Vasco Arias. No século
XV moraba no castelo a viúva de D. Vasco, unha señora apaixonada, voluble, moi
bela e louzá, a pesar dos seus 50 anos. Por aqueles tempos vivía un novo
trobador chamado Juan Rodriguez natural de Padrón, que pola súa arte, porte e
xentileza, gozaba do aprecio xeral e máis aínda do aprecio de raparigas, señoras
e doncelas. Dona Laura de Rioboo ( A Infanzona, viúva de D. Vasco Arias ),
sentía tamén polo mozo un amor que se axitaba en ansias e desexos vehementes. Pero
o mozo, despois dalgún tempo de gozar dos meles da infanta, sentiu prisioneiro
doutra beleza máis xuvenil e máis fermosa; porque as flores cando comezan a
abrir son máis belas que cando empezan a descender cara ao ocaso.
Celos, cóleras e odio amargaron o corazón de Dona Laura ademais de que as bágoas e congoxas asucaron de engurras as súas fazulas. O que máis anoxaba á infanzona era que a amante era unha das doncelas do seu propio castelo. Espiaba e algunha noite viuna saír. Tan lixeira ía e axiña que desaparecía que non era posible recoñecela.
Chamou ao alcalde do castelo e ofreceulle unha bolsa de dobras de ouro si daba morte a aquela muller, cando a vise saír do castelo cara ás ruínas de San Cristobo, onde ao parecer, reuníase co seu amante. Oh,señora! Por Deus non me pida iso. Eu son vello e non teño valor para isto. Para os poucos anos que me quedan de vida, déixeme vivir coa miña conciencia limpa. .. E fincouse ante ela, choricando suplicante. Entón achégache a Melide, a casa do meu primo Don Lope Peres de Senra, que vive no pazo de Codesoso e rógalle no meu nome que veña a verme. E cando o señor Lope Peres de Senra chegou ao castelo, Dona Laura, que o recibiu no segredo do seu oratorio, díxolle: Mandeivos chamar, porque de vos nun asunto do que depende a felicidade da miña vida. Señora; ben sabedes que estou sempre disposto a servirvos. Pois hai algún tempo, que vin ao trobador Rodríguez, e desde entón ámolle como a ninguén no mundo. O, ten outro amor e apártase do meu, Ama a outra muller! . E esa muller é unha das miñas damas, aínda que non se o seu nome. É estrano! Dixo Don Lope. E que queredes do meu ? Que podo facer? Como salgue para estar co as noites escuras e sen lúa, cara ás ruínas de San Cristobo, e tendo que cruzar a ponte agardárdela oculto, e cando pase déaslle morte.
Que?, preguntou Don Lope, sentindo un desasosego que lle estremecía.
Cravades a vosa daga no corazón que co seu amor trocou en martirio a miña felicidade.
Matala! Si. Non faredes isto polo meu?..Pedídeme o que queirades, diñeiro ... Non! Eu non fago iso! A miña filla..Podedes casarvos con ela e despois herdades todos os meus bens. Prometedes iso? Pregunto Don Lope, sentíndose tentar por tal ofrecemento.
Xúrovolo! Entón esta noite teredes a cabeza da vosa rival. Impaciente, desasosegada, esperou Dona Laura a volta do seu primo. Pasada a media noite, ouviu ruído de lentas pisadas. Dona Laura levantouse e abriu a porta. Entrando o seu sobriño coas faccións descompostas e os ollos desorbitados en mirada de tolemia. Don Lope…murmurou Dona Laura, de brazos abertos. E non dixo nada máis; porque aquela congoxa que antes sufrira parecía afogala, á vez que a cabeza doíalle coma se unha coroa de ferro oprimísella fortemente. Tomade, aquí tédela! Sacando de baixo a capa unha cabeza de muller. Con rápido xesto e tola de alegría, a infanzona arríncolla da man e, achegándose á lámpada que alumaba unha imaxe da Virxe, levantouna para saber quen era a súa aborrecida rival. Oh! Meu Deus! A miña filla! Gritou arrepiada. E caeu sobre o pavimento, onde quedou tendida e inmóbil.Poucos días despois, segundo conta a tradición, os moradores das terras de Mesía rendían homenaxe ao novo señor da casa solariega, don Lope Peres de Senra, como máis próximo parente de Dona Laura de Rioboo ( A INFANZONA ).

Santiago Lorenzo Sueiro (Presidente de Alianzagalega)
http://sueiro.obolog.es/mesia-fortaleza-leyenda-2376604
miércoles, 13 de abril de 2016
Como puidéchedes comprobar, a nosa poboación diminuíu e mantívose ata hoxe, causado polo éxodo rural pero recuperado polas novas empresas de gando e lácteas que temos na zona, das que cabe destacar a Casa Grande de Xanceda. Hoxe en día, a maioría de poboación rexístrase entre os 15 e os 64 anos, seguido do grupo de poboación de máis de 65 anos e finalmente o grupo de idade menor a 15 anos, o cal nos da a idea de que haberá un remprazo xeracional moi axustado. Neste sentido, queremos loitar polo que é noso e manter todo aquelo no que puxemos esforzo e traballo, de feito que nos interesa moito seguir este proxecto, que nos axuda a dar as bases para afianzar o noso lugar no mundo.
Aquí tedes unhas fotos da Casa Grande de Xanceda:
Aquí tedes unhas fotos da Casa Grande de Xanceda:
Aquí tedes algúns datos de referencia sobre nós (www.wikipedia.es):
Xentilicio[1] | mesiense |
---|---|
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Ordes |
Poboación | 2.795 hab. (2014) |
Área | 106,8 km² |
Densidade | 26,17 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias |
Capital do concello | O Campo das Mentiras |
Política (2015) | |
Alcalde | Mariano Iglesias Castro |
Concelleiros | PPdeG: 2 PSdeG-PSOE: 9 |
Eleccións municipais en Mesía | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 89,08% |
![]() |
Dende o CPI de Xanceda, querermos lembrar ao gran antropólogo Antón Fraguas, recompilando diferentes materiais que aquí iredes vendo.
Nós estamos nun centro que se sitúa nun concello con dous núcleos, pero con moitas vilas e aldeas arredor. Estamos ben comunicados por estrada para chegar a Santiago, Ordes, Curtis, Teixeiro e A Coruña-Carral.
Entre todos os pobos, vilas e aldeas, comunicámonos perfectamente, e incluso facemos traballos en conxunto, excursións ou celebracións.
Estamos nunha zona de montaña, onde tamén temos bonitas historias que contar, e onde sucederon acontecementos importantes da Historia de Galicia e de España.
Comezamos por recoller os mapas que se levan facendo varios anos no colexio e dos que nos estamos a aprender e cos que estamos a traballar.
Tamén subiremos fotos de lugares emblemáticos da zona e vídeos sobre o noso facer... Aquí en Xanceda e Mesía, ata ides ver que temos pasos de baile únicos e distitntivos.
Algún audio tamén teremos sobre a nosa propia forma de falar e... As festas!! Tamén son importantes e as comentaremos neste blog.
Esperamos que vos guste!
Saudiñas!
Alumnos e alumnas do CPI de Xanceda

Suscribirse a:
Entradas (Atom)