viernes, 15 de abril de 2016

CAMIÑO DE SANTIAGO: ETAPAS DO HOSPITAL DE BRUMA
 

 




 
OUTROS REMEDIOS NATURAIS DA ZONA DE XANCEDA:

- Para que as vacas fagan a dixestión:
  VIÑO+CAFÉ+SEMENTES DE LIÑAZA
  CERVEXA
  AQUARIUS
DITOS DA ZONA DE XANCEDA:

- En maio aínda a vella queima o tallo. (Marcos Manteiga)
- En abril, se mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir. (Nerea Sánchez Grobas)


REMEDIOS, TRUCOS E TÉCNICAS NATURAIS DA ZONA DE XANCEDA
Por: Nerea Sánchez Grobas e Martín Cernadas Ramos

- A LAVAZA é unha pranta que medra no medio dos prados da herba e cando madura, as súas sementes valen para curar o roce das ortigas. Pero hai que ter tino con ela, pois reprodúcese moi facilmente xa que leva as espigas o vento, e a poden comer as vacas, o cal lles senta mal.


- As follas verdes de EUCALIPTO cócense para quen teña gripe, pois axúdanlle a respirar. A persoa en cuestión debe estar na cociña, centrado en hulir o vapor.


- Cando hai catarro, pódense tomar as seguintes mezclas:
    LEITE+MEL+Whisky ou Coñac (+1 OVO)
    AZUCRE+CAFÉ+LEITE+ 1 OVO

- Cando as vacas non remoen, fanse as seguintes mezclas cunha xeringa grande:
    ACEITE+VIÑO+CAFÉ
    VIÑO+AZCUCRE (FERVIDO)

- Cando as vacas acaban de muxir, débeselle botar un líquido marrón.